viernes, 8 de abril de 2011

DÍA DA ÁRBORE


O pasado día 21 de marzo celebrouse o Día da Árbore.

Leamos este poema de Celso Emilio Ferreiro:

O berce foi antes árbore.
berce da árbore foi o vento.

A árbore fillo da terra,
danos sombra e alimento.

Árbore, a porta da casa,
árbore, a estrada e o teito,
árbore, o carro e a mesa,
árbore, a chuvia no vento,
árbore, a caixa do morto,
árbore, a fiestra e o asento,
no medio só silencio.

a nosa casa á unha árbore.
casa da árbore é o vento
que pasa peleriñando
con ledos paxaros dentro.

A árbore danos de todo:
barca, teiro, enterramento.
o mundo semella unha árbore
plantada no firmamento.

A vida parece unha árbore,
no medio tan só o vento.

Na páxina da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA,  podemos ver dez ideas para celebrar esta efemérides e poñelas en práctica para preservar os bosques.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...