domingo, 6 de junio de 2010

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño do ano 1972 a Organización das Nacións Unidas convocou en Estocolmo a primeira Conferencia sobre o Medio Ambiente para tratar a problemática da conservación do medio, que é atacado de diversas maneiras:
o crecemento das grandes cidades e os seus automóbiles xera a polución que afecta á atmosfera; as grandes industrias producen refugallos que logo contaminan as augas e matan especies animais; os deterxentes tamén arruínan as napas do chan; as fumigacións que pretenden defender as colleitas ás veces son culpables dunha ruptura no equilibrio dos campos; os aerosois contribúen á contaminación do aire; as actividades do home cando ataca ao equilibrio ecolóxico (pola talla de bosques, a caza de animais, ...).

A NOSA TERRA É O NOSO FOGAR
COIDEMOS DELA!
Tod@s podemos colaborar nesta tarefa.
Empezando por reflexionar sobre o tema:
Podemos ver unha versión en video realizado por Carta da terra de Brasil , ver o videoclip da canción "MAMÁ TIERRA" de Macaco, informarnos e por en práctica os consellos e trucos de páxinas que tratan este asunto como Endesa, Ecopibes ou peques.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...