lunes, 12 de octubre de 2009
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
O noso cole foi un dos centros seleccionados para integrarse no Plan de mellora de bibliotecas escolares para este curso 2009/2010. Esto implica unha concesión económica destinada a apoiar o proceso de transformación da biblioteca en centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, e favorecer as actividades de fomento da lectura e de educación no acceso e uso da información, de acordo coas liñas de actuación presentadas no proxecto de temática multicultural “A volta ao mundo en cento e tantos ratos”. No desenvolvemento deste proxecto traballaremos diversos aspectos da cultura e outros países: linguas, música, literatura, xeografía, historia, costumes, gastronomía, ...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario