lunes, 12 de octubre de 2009

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

O noso cole foi un dos centros seleccionados para integrarse no Plan de mellora de bibliotecas escolares para este curso 2009/2010. Esto implica unha concesión económica destinada a apoiar o proceso de transformación da biblioteca en centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, e favorecer as actividades de fomento da lectura e de educación no acceso e uso da información, de acordo coas liñas de actuación presentadas no proxecto de temática multicultural “A volta ao mundo en cento e tantos ratos”. No desenvolvemento deste proxecto traballaremos diversos aspectos da cultura e outros países: linguas, música, literatura, xeografía, historia, costumes, gastronomía, ...

domingo, 11 de octubre de 2009

A entrada na escola é un momento moi importante na vida n@s nen@s. É convinte ter en conta algunhas consideracións para facilitar a transición a esta nova etapa educativa. Aquí deixamos algúns consellos, normas e informacións que poden axudarvos nesta tarefa.

martes, 6 de octubre de 2009

EX E.T.

Aqui estamos de novo, tras ás vacacións de verán e un comezo de curso un tanto complicado:
gratuidade solidaria (?), gripe A, organización do curso, elaboración de documentos do centro, alumnado que inicia á escolaridade, ... unha sensación de caos e o propósito de empezar a facer as cousas con calma. Claro que despois de ver este video podemos explicarnos algunhas cousas ...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...