viernes, 24 de julio de 2009
TEATRO
Promocionamos o teatro: Co gallo da inauguración da aula pedagóxica da Fundación de Rosalía de Castro, fumos a Padrón a representar “Retrato de Familia” que obtivera o 1º premio no curso pasado. Os nen@s de 6º de Primaria acadaron o 2º premio nun certame de teatro organizado polo Corte inglés co “The innkeeper”.
Participamos no interteatro c@s alumn@s de 1º representando “Os ratos de Hamelín” e “Quen quere casar coa xoaniña?”.
Na semana das letras galegas un grupo de 2º representou a obra "A reconciliación das letras"
En 4º prepararon “Estrelamar” e en 6º representaron “El principito”.
CONTACONTOS
Ao longo do curso 2008/2009 o alumnado participou en diferentes actividades de animación á lectura: sesións de Contacontos, programa ContArte e RetratArte (organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo ca colaboración da editorial OQO), taller de escritura ca autora Mar Guerra, ...
miércoles, 15 de julio de 2009
Blip
En Vimeo encóntranse fantásticos vídeos, como esta breve animación que nos serve para tratar o difícil asunto de chegar a un acordo, de paso que traballamos as cores.
Blip from Sean Mullen on Vimeo.
domingo, 5 de julio de 2009
ARTE NO COLE
ARTE NA ESCOLA:
Toda a escola participou nas propostas do equipo de biblioteca relacionadas coa Arte, elaborando material e buscando información en libros, contos e vídeos sobre os temas propostos:
- ARCHIMBOLDO: Coñeceron datos da vida e obra deste artista e realizaron caras inspiradas na súa obra.
Archimboldo
View more presentations from coleteca.
- BODEGÓNS: Coñeceron bodegóns de diferentes artistas e estilos (expostos na escola, vistos nos libros, en vídeos, etc.) e pintaron os seus propios bodegóns.
Aquí unha mostra de bodegóns realizados por artistas de 5 anos do cole.
- BOTERO: Varios grupos da escola realizaron unha visita a unha exposición deste artista e traballaron nunha unidade didáctica sobre o pintor.
Botero
View more presentations from coleteca.
- PICASSO: Achegáronse á figura deste pintor a través do seu cadro “Guernica” e a súa Pomba da Paz, a través das actividades deseñadas para conmemorar O Día da Paz.
Actividades Pablo Picasso- View more presentations from coleteca.
RETRATOS: Realizaron diferentes actividades a partir dos propios retratos Descubriron e se inspiraron na obra de Andy Warhold.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)